milonga

Danza popular do Río da Prata, de compás dous por catro, que se acompaña cunha guitarra.

Etimoloxía

Xógase coa hipótese dun termo do quimbundo, lingua africana, milonga que significaría 'queixa' ou 'lamento'.

Exemplos *

"Petou o amor da súa vida, trocou o tango pola muiñeira, a milonga polo pasodobre, o bandoneón pola gaita, o poncho polos zocos, o mate polo viño do Ribeiro do Avia, os Andes pola serra, e a patria nova pola vella." (Celsa G. Hermida "Viñoa": Anacos)

"A estrela do pop conquistou o pasado domingo os aplausos das decenas de persoas que se reúnen asiduamente no Club Almagro de Bos Aires para bailar tangos e milongas." (O Correo Galego 21-02-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.