mimo

Actor que se expresa por medio dos xestos e da expresión corporal, sen utilizar a palabra

Etimoloxía

Vocábulo procedente do grego mímos ‘actor, especialista en imitar’, pero que entra a través do latín mimo co mesmo significado.

Exemplos *

“O mimo disfrazado de estatua de xeo non apareceu por ningures.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección / Santa María do Outeiro, 2005)

“Coma o mimo, actuaba para un público que lle aplaudía e o empuxaba (...)” (Juan Manuel Parcero Martínez: Sangue no ollo, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.