mina

Masa de mineral, auga etc., concentrada naturalmente nun lugar, polo xeral subterránea

Etimoloxía

Préstamo do francés mine que, á súa vez, bebe dun termo celta *meina ‘mineral’.

Exemplos *

“Unha vez que as raíces acadan unha capa freática ou mina de auga desenvolven aí unha entramada rede; na experiencia popular méntanse numerosos casos nos que as raíces dos eucaliptos chegan a tupir as canles de auga.” (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque, 1992)

“Por se a senda resulta esgotadora, repón forzas na mina de auga, unha auga pura, fría e cristalina, que lle calma a sede e lle dá ánimo para patear polo monte pelado e admirá-las paisaxes, abertas, que se enlazan cara ó nacente.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.