Ave de rapina diúrna da orde dos accipiteriformes, da que existen varias especies, de tamaño mediano ou grande e de cores pardas escuras ou arrubiadas
Etimoloxía
Termo que bebe no latín vulgar *milviatu, do latín clásico milvu ‘miñato’.
Exemplos *
“Na viaxe de volta a Santa Isabel tomouse un rumbo distinto e así descubriuse a illa de San Xurxo, onde se atoparon morcegos grandes como miñatos.” (Xerardo Neira: O Correo Galego, 27-11-2000)
“Todo canto estaba argallando arredor dunha ilusión ferida de morte pola aparición do vello mariñeiro, caeu como cae o miñato que apreixa unha pomba nas súas poutas e resulta el mesmo alcanzado por unha frecha.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.