mineral

Corpo natural, sólido ou líquido, de composición química definida e de propiedades físicas características.

Etimoloxía

Chegou desde o francés, que procede dunha forma do latín medieval mineralis, probablemente de orixe celta.

Exemplos *

“Moitas veces intentara verse así: unha presada de barro, unha construción bioquímica sempre famenta de proteínas de osíxeno, nitróxeno asimilable, minerais e substancias que era incapaz de sintetizar …” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)

“O leite […]. É un líquido branco, opaco, de olor especial. Composto dun 80 – 90% de auga, proteínas como a caseína, ata un 8%, hidratos de carbono como a lactosa, graxa emulsionada en gotiñas nun 7-9%, calcio e outros minerais, e vitaminas A e D, B e C. (Fausto Galgo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.