minestra

Guiso feito de diversas verduras e legumes ao que se lle poden botar anacos de xamón, touciño etc.

Etimoloxía

Palabra que vén do italiano minestra, derivado de minestrare 'servir ou atender a mesa', e este remite ao latín ministrāre, de significado semellante.

Exemplos *

“Aínda que lle custaba habituarse a aquelas comidas novas, tan distintas das que estaba afeito a tomar, David obrigouse a comer a minestra de verduras e mais o peixe que lle subiran na bandexa.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, 1998)

“Os tirabeques pódense comer de moitos xeitos, e resultan moi bos, eu diría que indispensables, nas minestras.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.