Persoa que forma parte do goberno dun país e que ten ao seu cargo un ministerio
Etimoloxía
Palabra que procede do termo latino minister, -tri 'criado, servidor', 'subordinado'.
Exemplos *
“A serie transita entre o que acontece nas decisións políticas do gabinete da primeira ministra e os medios de comunicación. Lectura entretida esta tamén.” (Antón Lado: Luzes, 11-2015)
“De todos os ministros da democracia en España só un 9 por cento non son pais, mentres que para as ministras que non son nais a porcentaxe alcanza o 43 por cento.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.