miñoca

Anélido da clase dos oligoquetos, de corpo longo, brando e cilíndrico e, frecuentemente, de cor rosada que vive nos terreos húmidos

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“A cativeza do neno non lle impedía sachar na horta nas partes máis húmidas, iso si, co sacho pequeno das cebolas, á procura de miñocas que metía nunha lata.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Da terra elevouse un arrecendo a humidade vexetal, a miñocas atarefadas, a sede calmada.” (Beatriz Lorenzo López: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.