minoritario, -a

Da minoría, relativo ou pertencente á minoría ou que a constitúe

Etimoloxía

Préstamo do francés minoritaire de significado semellante.

Exemplos *

“Para min non resultou difícil , quizais por ser catalá xa que , por ter idiomas minoritarios, esforzámonos máis por aprendelos a pronuncialos.” (Albino Mallo [entrevista]: Galicia Hoxe, 1-2-2005)

“A defensa da identidade, da cultura e da lingua minoritaria dun pobo coma o noso no fragor dunha cultura de masas que obedece só ó principio de "Tanto vendes, tanto vales" (...), non é tarefa fácil cando, ademais, ese pobo non parece moi orgulloso do seu.” (Xoán Xulio Alfaia: O Correo Galego, 12-2- 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.