Letra, carácter de tamaño pequeno, que se usa correntemente, por oposición á maiúscula que se emprega en casos moi concretos.
Etimoloxía
Vén do latín minusculus, -a, -um 'un pouco menor', diminutivo de minor, -oris 'menor'.
Exemplos *
"Non nos falamos e eu tiven a certeza absoluta de que aquel fora o noso último acto de amor, de amor con minúscula, porque o outro, o AMOR con maiúscula, ou soamente existira unha vez ou sempre fora vivido por seres alleos …" (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello)
"O resto dos actores e actrices figurarían en letra minúscula, e non serían nunca citados na publicidade oficial da obra." (Francisco Castro: Amor de cinema)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


