miocardio

Parte da parede do corazón que está constituída por fibras musculares estriadas.

Etimoloxía

Formouse pola combinación dos elementos gregos mio ‘musculo’ e cardio ‘corazón’.

Exemplos *

“Resultaba que o seu ídolo non era máis que un actor británico con bigote postizo, Peter Sellers por indigno nome, e que aínda por riba morrera dun mediocre infarto de miocardio.” (Xurxo Sierra Veloso: Os ollos do rei de copas)

“A cocaína produce unha redución do fluxo sanguíneo ao corazón e a necrose do miocardio.” (De Luns a Venres 11-05-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.