mirasol

Planta herbácea anual da familia das compostas de ata tres metros de alto, con follas cordiformes dentadas e unha gran flor amarela semellante á margarida, que se orienta cara ao Sol, e que produce sementes comestibles e oleaxinosas

Etimoloxía

Termo que se forma co verbo “mirar” que bebe do verbo latín mirari ‘admirarse’ e o nome “sol” que bebe no latín solis ‘Sol’.

Exemplos *

“Como diría o vello Sholomo, coas palabras vagarosas que avalan a sabedoría das súas engurras, semello unha oliveira sen sol. Talvez, mellor, un mirasol coa ollada esvaída e os pétalos murchos.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

“A rexión do Neguev é deserto porque así vén nos mapas, pero a realidade e ben dispar. Son grandes extensións verdes _estiven alí na primavera_ de cultivos de secaño coma trigo, mirasol, alfalfa ou soia.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos Homes. Galegos no mundo. 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.