Arbusto oloroso da familia das mirtáceas, de flores tetrámeras ou pentámeras con pétalos brancos, froito en baga e follas perennes sempre verdes, que se emprega para adornar os xardíns, plantándoo e recortándoo de maneira que forme figuras
Etimoloxía
Termo que nace no latín myrtus ‘coroa de mirto’, pero desde o grego mýrtos de significado semellante.
Exemplos *
“As pas mecánicas desfixeran o emparrado que separaba a porta da casa da estrada, cercenaran medio patio onde adoitaban aparcar os autos da familia e levaran por diante, sen respecto ningún, un fantástico camiño de sebes de mirto e algunhas laranxeiras.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)
“Quero que comeces axiña a sachar, sementar e regar. Que podes os mirtos coas formas máis estrañas da península.” (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.