miseria

Falta moi grande de cousas necesarias para vivir, gran pobreza

Etimoloxía

Voz que bebe da latina miseriam ‘desgraza’, ‘calamidade’.

Exemplos *

“Tales eran decote os seus deseos, / mais nunca, ¡triste sorte!, se cumprían; / e todos, todos de miseria cheos, / anos tras anos sin cesar corrían.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)

“Esto a probe viuda / do montañés, morrendo antre a miseria, / resinada ó seu fillo lle dicía.../ i a Dios o esprito lle entregou serena.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.