misión

Aquilo para o que unha cousa está feita ou que unha persoa ten que desempeñar, polo seu oficio ou porque se sente obrigada a facelo

Etimoloxía

Termo que ten a súa orixe no equivalente latino missio ‘acción de enviar’.

Exemplos *

“Teño un fondo sentido da realidade e un alto concepto da miña misión en medio desta toleira sentimental.” (Quico Cadaval e Xavier Lama: Memoria de Antígona, 1988)

“E chegou ó mesmo tempo que a afouteza do que, considerou, merecía a pena. De alí en diante na súa vida só había unha misión que levar a cabo, dunha maneira ou doutra.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.