misiva

Escrito, xeralmente cerrado, que se lle envía a alguén para comunicarlle algo

Etimoloxía

O substantivo remite ao verbo latino mittere ‘enviar’ pero desde a forma missio ‘a acción de enviar’, daquela teriamos o concepto  ‘das cartas enviadas’.

Exemplos *

“Os días seguintes ás declaracións, a redacción e a central de teléfonos do xornal enchéronse de misivas dirixidas a Margarita Otero.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Celo profesional, 2014)

“E dise aquí todo isto, porque a correspondencia é unha cousa perigosa. Ben o saben os que se negan a responder cartas, misivas, postais natalicias ou mesmo correos electrónicos.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.