Aversión ás mulleres
Etimoloxía
Termo tomado do grego misogynía que significa ‘odio as mulleres’.
Exemplos *
“A misoxinia foi a primeira e máxima desigualdade desde que temos noticia histórica, e non conseguimos librarnos dela.” (María Xosé Porteiro [entrevista]: Tempos Novos, 3-2018)
“O que temen (...) é que poidamos ver as súas verdadeiras faces. Que o mundo descubra, horrorizado, a inmensa proporción de persoas que unicamente atopan pracer e excitación na misoxinia.” (Llerena Perozo Porteiro: Praza.gal, 24-7-2024)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.