mistela

Bebida de sabor doce feita con mosto de uva ao que se lle engade alcohol para impedir a fermentación

Etimoloxía

De orixe incerta, xógase coa hipótese de que remita ao italiano mistella.

Exemplos *

“O cura da súa vila, cantos litúrxicos de voces anxelicais ás dez da mañá e algún que outro capón doloroso detrás da orella, por falar na igrexa, mesturado todo con historias sagradas e recortes de hostias e doces mistelas repartidos ás agachadas cos que tiñan, coma el, o elevado rango de mónagos.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Se che aproveita, quedoume por aí media barra de pan. E unha miga de queixo tamén a debe haber. ¿Vaiche unha mistela de Cacabelos para acompañar?” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra. Os amores imposibles / Fin de semana, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.