míster

Adestrador de fútbol

Etimoloxía

Chega desde o inglés mister, que significa literalmente ‘señor’.

Exemplos *

“A mellor das novas foi o retorno de Tito ao Camp Nou e para hoxe, case que seguro... terán outro Balón de Ouro en Can Barça. Haberá chiscadela en forma de dedicatoria ao míster.” (Carlos Macía: De Luns a Venres, 07-01-2013)

“O míster decide que haxa rotacións cada dez minutos.” (J.L.L.: Galicia Hoxe, 09-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.