mistral

Vento frío e seco do noroeste que sopra do Macizo Central francés cara ás baixas presións mediterráneas

Etimoloxía

Vocábulo que ten a súa orixe na provenzal mistral ‘vento frío e seco’.

Exemplos *

“Por outra banda, atopámonos con que a causa esencial que motiva a alerta é o vento "mistral", que baixa polo val val do Ródano moi seco e a grande velocidade.” (Xoán Castro Devesa: A meteoroloxía e os incendios forestais, 1992)

“Contaba cunha flota de trece pesqueiros, que levaban nomes de ventos, tan fermosos como Vendaval, Mistral, Tramontana, Galerna, Tifón ou Ciclón, e cunha tripulación total de 850 homes. Faenaban polas frías augas de Terranova e do mar do Labrador.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.