Relato fabuloso no que interveñen personaxes simbólicos que representan as forzas da natureza ou aspectos da condición humana
Etimoloxía
Palabra de orixe latina mythos, e esta bebo do grego mŷthos.
Exemplos *
“No seu mito da creación, un só deus, que se chamaba Mbombo, fixo o universo. (...) Un día, tivo unha terrible dor de estómago, e vomitou o Sol, a Lúa e as estrelas.” (Miguel Seoane García: O Correo Galego, 26-11-2000)
“Galicia, terra de mitos e lendas, ten desde sempre unha conexión especial co ceo. As eclipses, fenómenos astronómicos que fascinaron ás civilizacións, atoparon nos lugares sagrados galegos un escenario perfecto para a súa observación.” (Miguel Delgado: Xornal Galicia, 2-8-2026)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


