mobilidade

Calidade daquilo que se pode mover, cambiar de lugar ou de posición.

Etimoloxía

Procede do latín mobilitas, –atis que, á súa vez, vén de mobilis, –e 'móbil'.

Exemplos *

"Co programa de transporte adaptado realizáronse 26.000 traslados para 648 persoas con mobilidade reducida." (O Correo Galego 14-02-1996)

"Todos os cidadáns comparten unha longa etapa de educación e socialización común, necesaria porque os estamentos e funcións sociais non son ríxidos e cómpre facer posíbel a mobilidade e a reconversión laboral" (María López Sande: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.