Acción e efecto de mobilizar ou mobilizarse
Etimoloxía
Palabra formada desde estoutra “mobilizar” que é un préstamo do francés mobiliser de significado semellante.
Exemplos *
“Foi un momento dunha mobilización cívica única , a sociedade galega demostrou unha capacidade de reacción e un sentido da dignidade como nunca e no ano 77 e 79 déronse as maiores mobilizacións da nosa historia.” (Suso de Toro: Luzes, 11-2016)
“Os procesos de mobilización poden ser vitoriosos se se procura a solidariedade doutras fábricas e que o elemento que provoque a mobilización debe ser algo que afecte directamente os traballadores.” (Xabier P. Igrexas [entrevista]: Sermos Galicia, 1-10-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.