moca

Variedade de café orixinaria de Moka (Arabia)

Etimoloxía

Denominación que procede do francés moka, e este de Moka, localidade de Iemen desde onde se exportaba.

Exemplos *

“O seguinte que me dispuxen a coller foi un paquete de café. Habíao de tantas clases no estante que lle correspondía, que non sabía cal deles coller: mestura de café moído, café especial puro aroma, café moca...” (Ledicia Costas: Unha estrela no vento, 2000)

“[variedade] ARÁBICA. Orixinaria de Etiopía, a máis coñecida dende a antigüidade, tamén é a máis estendida e a máis apreciada pola súa calidade excelente e baixa porcentaxe en cafeína. Representa case o setenta por cento da produción mundial. As variedades máis coñecidas son: Moca, Bourbon, Maragogype, Java e Brasileña Nacional.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manual completo do barman, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.