mocada

Conxunto de mocos que se expulsan dunha soa vez

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra, moco, que nos remite ao latín mucum de significado semellante.

Exemplos *

“Luís non fumou. Só lamentou facerlle tantas veces caso ó cardiólogo, ó tempo que asoaba a mocada. Comezou a charla o empregado manifestando a súa desconfianza ante aquela chamada imprevista.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“Bótanse a xogar coas ondas, a correr, a escavichar na area húmida, e cando queren darse de conta só ven milleiros e milleiros de persoas en traxe de baño. Sempre hai alguén que repara nos seus choros cheos de area e mocada que os leva xunta os socorristas.” (Xabier López López: O mono no espello, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.