Zapato de pel, flexible, sen taco e sen cordóns.
Etimoloxía
Tomouse do inglés moccasin, que o collera dunha lingua indíxena para denominar un calzado de coiro.
Exemplos *
"Era un zapato marrón e tipo mocasín e o meu era negro e con cordóns, pero non lle sabía dicir que non." (Suso de Toro: Calzados Lola)
"… virábanlle na cabeza ata abaixala cara á fibela dos seus mocasíns vermellos, cara ó parqué de táboas novas, brillantes e puídas, cara ós zapatos castaños de Henrique e os seus xigantes pés." (Laura Caveiro: As naos afondando)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.