Bolsa que se leva ao lombo, colgada dos ombreiros
Etimoloxía
Voz que procede do éuscaro motxil, diminutivo de motil ‘rapaz’.
Exemplos *
“Ela sorprendeuse ó escoitar a voz masculina e abandonou de golpe os seus recordos e pensamentos; volveuse e comprobou que alí mesmo, na praza do Ferro, Jon Bécquer a miraba cun amplo sorriso, cargado con varios cartafoles, un par de libros e unha mochila a rebordar ás súas costas.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“No interior do autocar baleiro reinaba un silencio hermético (...). Fóra, todos agardaban excitados o momento de subiren, cargados de mochilas e maletas, acompañados das súas familias que se achegaran a despedilos á explanada do instituto.” (Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


