Conxunto de xente moza
Etimoloxía
Palabra derivada que toma como base “mozo” que é un termo de orixe incerta.
Exemplos *
“A catro metros da miña porta estaba o bar de meu tío. Era o bar onde paraba toda a mocidade ye-ye para escoitar música no tocadiscos.” (Suso Lista: Luzes, 5- 2014)
“(...) todos os meus amigos da vila levaban anos participando intensamente nos labores da casa e nas ocupacións dos seus respectivos pais, tralo ataque dos piratas, a miña vida tamén se transformou, con menos tempo para a diversión, un tempo de lecer que practicamente desaparecera entre a mocidade da vila.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.