moción

Proposición que se fai nunha asemblea para deliberar sobre ela e sometela posteriormente a votación

Etimoloxía

Palabra culta que procede do latín motione que se relaciona coa noción de ‘mover algo’.

Exemplos *

“En Galicia, a lei sobre o uso do galego por parte das entidades locais di que as convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, ditames das Comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia se redactarán en lingua galega, sen prexuízo de poder facelo tamén en castelán.” (Montse Dopico: Galicia Hoxe, 9-11-2010)

“Xa na moción presentada no Senado, insta a modificar a vixente Lei Hipotecaria, para que se regule a dación en pagamento, de modo que en situacións de non pagamento de hipotecas, a débeda contraída coa entidade financeira se cancele no momento no que banco queda coa vivenda.” (E.P.: Galicia Hoxe, 19-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.