Calidade do que é moderno
Etimoloxía
Vocábulo que deriva sobre estoutro “moderno” que vén do latín tardío modernus, -a, -um ‘recente’, ‘novo’.
Exemplos *
“A música pop semella estar vinculada de xeito intrínseco coa modernidade, a xuventude e o cosmopolitismo.” (Martiño Suárez: Luzes, 6-2016)
“E tamén fun vendo que, mentres eles vían como eu medraba, eu ía vendo como eles crecían. Sobre todo o pelo. Daquela levar o pelo algo longo era sinal de modernidade e guapura.” (Suso Lista: Luzes, 5-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.