modernismo

Designación común a distintos movementos que se desenvolveron entre finais do século XIX e principios do XX nas artes plásticas, na arquitectura, naliteratura e na música, e que se caracterizaron pola tendencia ás innovacións e unha apertura cara a novas culturas.

Etimoloxía

Formouse sobre o adxectivo moderno que vén do equivalente latino modernus, –a, –um 'recente, novo'.

Exemplos *

"Eran os seus anos galeguistas e daquela escribiu a novela breve Xelo, o salvaxe na colección Lar (1926), narración gabada por Rafael Dieste e que, segundo Carballo Calero, mestura modernismo, costumismo e naturalismo." (Galicia Hoxe 13-02-2005)

"a dos Novos ou Renovadores, que Ricardo Carballo Calero considerou novencentistas fronte ó modernismo que representan os galeguistas de Nós." (Galicia Internacional 05-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.