moderno, -a

Relativo ou pertencente ao momento actual, no que vivimos agora

Etimoloxía

Deriva do equivalente do latín tardío modernus, -a, -um ‘moderado’ ou ‘recente’.

Exemplos *

“Se queres ser moderno de verdade, pasa do smartphone.” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 10-2014)

“Como os Beatles arrasaban decidimos facer un grupo de música moderna sen ter nin idea de nada.” (Xosé Manuel Pereiro: Luzes, 1-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.