modismo

Expresión característica dunha lingua, imposible de traducir ao pé da letra e que, ás veces, se aparta das normas gramaticais

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o termo “modo” que procede do equivalente latino modus ‘método’.

Exemplos *

“Aproveitaba as vacacións para investigar no arquivo da catedral. Falaba un galego perfecto e un castelán salpicado de modismos da parte de Pontevedra.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Un achado deleitoso, 2014)

“Exeria, patricia galaicorromana, emparentada coa corte imperial, viaxa, na segunda década do século V, a Palestina, describindo nun Itinerarium os lugares por onde pasou, con moita amenidade, escribindo esta guía no sermo cotidianus ou latín moi impregnado de modismos galegos.” (Luis Giadás: O Correo Galego, 3-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.