Persoa que crea modelos ou vestidos orixinais de alta costura / Muller que fai pezas de roupa ou as amaña
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “moda” e esta lévanos ao latín modus ‘medida para medir algo’
Exemplos *
“Primeiro colocaban nun recanto da sala a mesa, á que lle poñían unha faldra cosida cos retallos que lle sobraran á nai, que traballaba de modista.” (Xavier Senín: O alfaiate portugués, 2016)
“A acción tamén ten moito que ver co mundo das modistas e o traballo a medida, que para os irmáns Soto non resta participación no proceso de creación, senón que permite máis interaccións.” (Lucía Neira: Diquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 12-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


