Sensación de sono producida pola calor, o cansazo etc.
Etimoloxía
Voz de orixe incerta.
Exemplos *
“Mesmo os que asociamos o sol coa modorra temos que espertar ante a afiada dialéctica dos candidatos.” (Bieito Iglesias: Tempos Novos, nº 4, 1997)
“O excesivo xantar provocou unha invencible modorra que xunto coa calor abafante pechaba os ollos dos monxes que permanecían de pé desde as seis da mañá.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.