moega

Peza do muíño, en forma de pirámide truncada e invertida, situada sobre a moa e onde se bota o gran para que vaia caendo á quenlla

Etimoloxía

Palabra que bebe do latín vulgar *molaeca que vén do adxectivo *molaecus, -a, -um ‘relativo ao muíño’.

Exemplos *

“Eu cargaba a moega, e botaba o muíño a andar . Dempois acendía o lume, e deitábame nunha comporta que había cabo da lareira.” (Enrique Iglesias Alvarellos: Botei corenta anos. Novela curta autobiográfica, 1978)

“No muíño, dicíase entre os rapaces, ocorrían cousas, podía vir unha moza traer o seu gran, e quedar alí varias horas sen máis que facer que mirar como a moega deita o gran na capa.” (Marilar Alexandre: Airadas de palabras / Desaforados muños, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.