moenda

Cantidade de gran que se moe dunha vez

Etimoloxía

Palabra produto da evolución do termo latino molenda ‘o que se ha de moer’.

Exemplos *

“...o que se chama darlle o tempero ou temperar o muíño, regular a separación entre pé e capa, se levanta moe máis groso, se baixa moe máis miúdo. Este sistema para regular a moenda é o máis tradicional.” (José Cernadas Sande: Os Canteiros. Técnicas e construcións tradicionais no concello de Carnota, 2010)

“Se ben algunhas mulleres xa tiñan no seu poder o resultado da moenda, ao facerse de noite (...), agardaban unhas polas outras para regresaren en compañía a cadansúa casa, sobre todo as que pertencían á mesma parroquia.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.