Burla que se fai con especial insolencia e desprezo
Etimoloxía
Voz que provén do verbo “mofar”, ten unha orixe expresiva.
Exemplos *
“Cando penso que te fuches, / negra sombra que me asombras, / ó pe dos meus cabezales / tornas facéndome mofa.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
“E agora esta señora vestida de uniforme mírame toda tesa dende o outro lado da mesa e repite moi seria e con moita formalidade as miñas frases, dándolle un ton de incredulidade que case as converte en mofa.” (Ana Cabaleiro: Sapos e sereas, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


