mofeta

Mamífero da orde dos carnívoros, de cor negra con dúas raias laterais brancas, que lanza un líquido pestilente cando se ve perseguido

Etimoloxía

Préstamo do italiano moffetta, que procede este do latín mephitis ‘mal olor’.

Exemplos *

“Nos EE. UU. temos que salientar o preponderante lugar da mofeta e do coiote. Roedores como o teixugo, o rato, mustélidos como o furón, (...) e outros manteñen a rabia endemicamente, e transmítena ao home ben sexa directamente, ou ben como acontece máis a miúdo, por intermedio do can.” (Ildefonso-Antón Caamaño: Unha alternativa gandeira pra os montes da Galiza, 1981)

“Ao desaparecer os coiotes aumentaron os ratos e os coellos, oportunidade que souberon aproveitar aves rapaces, teixugos, raposos e mofetas.” (Ecoloxía azul: gCiencia, 2-5-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.