molete

Peza de pan máis ben grande e con moito miolo

Etimoloxía

Voz que podería remitir á francesa mollet que, á súa vez, nos leva ao latín molle ‘brando’ ou ‘mol’.

Exemplos *

“Miña nai ten unha habilidade incrible na cociña. Entra e nuns minutos de nada ten unha xerra de leite quente, outra con café e outra con zume natural de laranxas. Pon a torradora nunha esquina da mesa e o molete de pan.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

“A auga botounos, cuspiunos, na praia Lagosteira de Fisterra. O barco cambaleou, protestou, encallou na area e caeu contra un lado. Algún tentaba salvar un molete de pan ventureiro que a muller trouxera.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.