moneca

Figura que representa unha nena ou unha muller que serve sobre todo de xoguete aínda que tamén pode ter outros usos.

Etimoloxía

Vincúlase as palabras latinas ninna ou nonna que era a expresión de afecto dos nenos e nenas para as súas persoas queridas.

Exemplos *

"A meniña, sentada no chan e esquecida xa de que era princesa, xogaba cunha moneca de trapo, vestíndoa e espíndoa cunha saia do mesmo pano cá súa." (María Gándara: Magog)

"Pero a repisa non daba para tanto e a moneca caía e Heinke robot recollíaa e volvíaa poñer…" (Manuel Seixas: A velocidade do frío)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.