monicreque

Figuriña de madeira, papel ou outro material, que pode ser articulada e moverse mediante uns fíos que manexa unha persoa.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a súa procedencia.

 

Exemplos *

"Dicíame, coa ollada perdida baixo o teito de lenzo, que, ás veces, a vida semella unha comedia de monicreques onde todos interpretamos un papel asignado previamente." (Xerardo AgraFoxo: O Violinista de Malá Strana)

"O primeiro Llanos, dotado dunha grande sensibilidade artística, foi empresario dun teatro de monicreques no que se representaban zarzuelas, con cantantes de certa categoría." (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.