Figuriña de madeira, papel ou outro material, que pode ser articulada e moverse mediante uns fíos que manexa unha persoa.
Etimoloxía
Crese que é posible que a súa orixe estea en manus factus ‘feito a man’.
Exemplos *
“—(Afábel) Baixe da burra, don Pepito, baixe da burra! No tocante a política, vostede é un menicreque, un monifate!” (Manuel Varela Buxán: O ferreiro de Santán. Taberna sin dono, 1975)
“—¡A que volva falar dese soberbio monifate espétolle estas tesoiras no ceo dos ollos!” (Xavier Lama: O serodio remordemento do amor, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


