monocorde

Que non presenta variación

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do equivalente francés monocorde.

Exemplos *

“CUESTIONO SE É O TEMPO MONOCORDE o que acocha o misterio / ¿el quen somos nós escribindo / bebendo / por nos suicidármonos?” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)

“...pero non é menos certo que xa nos é moi difícil imaxinar na paisaxe do noso litoral os cambios estacionais, e só vemos un verde monocorde (de piñeiros e eucaliptos)” (Albino Prada Blanco: Tempos Novos, 4-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.