monóculo

Lente para un só ollo, que se usa encaixada na órbita.

Etimoloxía

Nesta palabra combínase un elemento de orixe grega, mono 'único', coa denominación latina para 'ollo', oculus, –i.

Exemplos *

"Alí estaba, coa súa barba, co seu bigote, co monóculo, un tipo agradable sen dúbida, dramaturgo e novelista ruso…" (Xurxo Sierra Veloso: Os ollos do rei de copas)

"Escribíao nun pequeno caderno de argolas con letras en miniatura que case esixía a utilización de monóculo para a súa lectura." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.