Xoguete que consta dunha táboa con rodas, que permite desprazarse rapidamente sobre unha superficie lisa.
Etimoloxía
Termo derivado sobre o prefixo mono- 'único' e o substantivo patín que provén do francés patin que ten o mesmo significado.
Exemplos *
"A súa vida non fora, non era en realidade moito peor cá daqueles rapaces que pasaran do berce ó monopatín e da escola á táboa de surf." (Xavier Queipo: Papaventos)
"Estoutra señorita coruñesa que solta á súa parelliña de infantes_o neno de monopatín, a nena de patíns_ pola Praza Roxa mentres ela se instala nunha cafetería do recinto." (Xosé Manuel G. Trigo: Extintos básicos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.