Elevación importante do terreo
Etimoloxía
Palabra procedente do latín tardío montanea que remite ao do clásico montanus, -a, -um ‘montaña’.
Exemplos *
“Teño noticia de que nas montañas dos reinos de León e de Castela hai freguesías que teñen as terras en común, que sortean cada doce anos para alternaren o seu uso, e disque están ben mellor cultivadas cás aforadas.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“Pero nunca tivo a máis mínima oportunidade de ver o mar, nin sequera de saír de Vilabouta, unha localidade demasiado profunda, demasiado enterrada nas montañas e nos bosques de Galicia” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.