Deporte que consiste en escalar montañas ou en ascender a pé por elas
Etimoloxía
Termo creado a partir de “montaña” que chega desde o latín vulgar *montanea que vén do clásico mons ‘monte’.
Exemplos *
“Coincidimos no patio do seminario católico Wilhelmstift de Tubinga. Tiña o pelo ondulado, lentes de rata de biblioteca e a cara curtida polos aires e soles do montañismo.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)
“Na práctica dos deportes era un fenómeno de polivalencia. E en todos destacaba, pois que en todos participaba, tanto facendo montañismo no Caurel como facendo piragüismo na ría de Pontevedra.” (Manoel Riveiro Loureiro: Corpo canso, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.