montaraz

Que vive en liberdade no monte

Etimoloxía

Palabra que se crea mediante sufixación sobre a base “monte” que bebe do latín mons, montis ‘montaña’ ou ‘monte’.

Exemplos *

“No monte (...). Nin facía falta pexalo por medo a que desaparecese cando o deixabamos só. Pola noite iámolo buscar para que durmise ao quente na súa corte, pois non proviña de caste montaraz.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia/ Os amores do Mourego, 2013)

“(...) a partir da Idade Media , a devandita práctica estivo presidida por unha mestura de utilidade e de entretemento, pois, por unha parte cazábase moitas veces de forma colectiva para evitar a acción dos animais montaraces sobre as colleitas, o gando, e mesmo as persoas.” (Hortensio Sobrado Correa: Os animais domésticos na historia de Galicia/ Aproximación á caza defensiva na idade moderna: “correr e bater os lobos, outras feras e animais nocivos” na Galicia dos séculos XVI-XIX, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.