montaxe

Acción de seleccionar, ordenar ou combinar material cinematográfico, sonoro, fotográfico etc.

Etimoloxía

Creación a partir de “montar” e o sufixo “-axe” por influxo da palabra francesa montage ‘operación pola que se xuntan pezas’

Exemplos *

“(...) para buscar a especificidade do cinema como arte, habería que intuír o senso de cada imaxe nela mesma, máis que na sucesión, na montaxe.” (Rebeca Baceiredo: O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, 2006)

“(...) nesa conversa admitía o beneficio publicitario que supón para unha montaxe ter intérpretes con sona televisiva (...)” (Xabier Sanmartín: Galicia Hoxe, 27-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.